XVII BANDEIRA CONCELLO DE MUROS & X BANDEIRA MARINA CABO DA CRUZ
O noso equipo LGT-A afrontou esta fin de semana as últimas dúas datas competitivas da tempada en Muros e na casa. O sábado en Muros o formato da regata desputabase a seis longos, buscando sair dos postos de Playoff. Estes puxéronse en cabeza desde o comezo da regata, sobrepasando aos seus rivais directos. Impoñéndose na súa quenta, remataron finalmente oitavos.
O domingo no Cabo da Cruz, estes volveron repetir o mesmo posto, nunha regata moi desputada diante da nosa afección. Con isto, o noso equipo remata décimo na clasificación xeral, quedando libre de postos de descenso, a espera de desputar o Teresa Herrera da semana que ven.
I BANDEIRA FEMININA CLUB DE EMPRESAS CRCC
A nosa tripulación da Liga Galega Feminina estivo esta fin de semana soamente no Cabo da Cruz. Estas partiron con autoridade desde a primeira quenda, impoñéndose con soltura aos equipos de Mugardos-A Cabana e de Castropol. Con todo, non puideron avantaxar a ningún equipo da primeira quenda, finalizando quintas. Con isto tamén obteñen o quinto posto na clasificación xeral, a espera de desputar o Teresa Herrera a semana que ven na Coruña.
XVI Zarauzko Ikurriña
O noso equipo Euskotren afrontaba esta fin de semana as dúas últimas e decisivas regatas desta tempada, na bandeira a dobre xornada de Zarautz. Partindo o sábado na primeira quenda, estas foron quen de impoñerse no segundo longo a tripulación de Hibaika, a súa principal competidora.
Con todo, o domingo non foron quen de remontar os puntos que o equipo lle levaba de vantaxe, rematando finalmente sétimas na clasificación final. Isto significaba que terán que afrontar o Playoff para manter a súa praza na liga dentro de dúas fins de semana.
XLVII Zarauzko Ikurriña
O noso equipo EuskoLabel seguía esta fin de semana coas súas regatas na clásica Bandeira a dobre xornada de Zarautz. O sábado, o noso equipo non se atopou cómodo polo cuarto carreiro, rematando en undécima posición, a peor do ano.
Porén, o domingo polo primeiro carreiro, estes atoparon algo máis de soltura, onde lle plantaron cara ao equipo de Lekeitio. Rematando segundos de quenda, estes foron quen de rematar sextos na clasificación xeral. Con isto o noso equipo mantén o noveno posto xeral, a catro puntos do oitavo clasificado.