¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Más información - Aceptar.
Cabo Feminino coa III Bandeira Feminina Reganosa
Cabo Feminino coa III Bandeira Feminina Reganosa

Últimas datas de liga antes do Campionato Galego

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Orio & Getxo

A nosa embarcación ACT desprazouse ata Euskadi para seguir coa liga EuskoLabel nas súas paradas en Orio e en Getxo. O sábado en Orio a nosa tripulación saíu en segunda quenda xunto con Ondarroa, Orio e Bermeo. Estes mantiveronse terceiros en toda a regata, cunhas incidencias con Ondarroa, rematando séptimo na xornada. Ademais, o noso remeiro Roberto Fernández fixo o seu debut na máxima categoría do remo de banco fixo.

O domingo en Getxo as condicións eran boas para a práctica do remo, saíndo a nosa embarcación outra vez na segunda quenda. Estes non foron quen de manter o rito de Zierbena e da Donostiarra, que só mantiveron o primeiro longo. Estes volveron rematar en terceira posición, mais novenos na xeral, facendo que a clasificación xeral se manteña no oitavo posto.

VI Bandeira Concello de Redondela Feminina & III Bandeira Feminina Reganosa

A Liga Feminina desprazouse desta vez ata as localidades de Redondela e Mugardos. O sábado en Redondela, a embarcación de Perillo colleu por primeira vez na tempada cabeza de regata. A pesar de que a nosa embarcación foi capaz de alcanzala no terceiro longo, tivo un fallo na última ciavoga que tivo que rectificar. Con todo, as nosas remataron terceiras, levando Perillo a súa primeira bandeira da tempada. O domingo en Mugardos, as nosas remeiras sairon com moi bo rito, que foron capaz de manter ata acadar a vitora. Estes resultados fan que a o noso equipo siga a encabezar a liga.

VIII Bandeira Bahía de Mera & X Bandeira Virxe do Carme

A nosa embarcación LGT-A seguiu coa súa liga esta fin de semana en Oleiros e no Grove. O sábado na localidade de Mera estes saíron na quenda de honra, mantendo un bo ritmo máis afastados de Meira e Bueu. A pesar de rematar terceiros na quenda, estes remataron quintos no cómputo xeral.

O domingo no Grove a nosa embarcación partía na segunda quenda con Vilaxoán, Rianxo e Mera. A nosa embarcación mantivose en cuarta posición ata o último longo, onde pudio adiantar a Rianxo e chegar case a onda Vilaxoán. Porén, a nosa embarcación rematou sétima, o que a coloca como cuarta na clasificación xeral da liga.

CAMPIONATO GALEGO DE TRAIÑEIRAS

Este mércores 21 celébrase en Meira (Moaña) o campionato galego masculino, onde estaremos participación para intentar revalidar o título obtido no mesmo campo un ano atrás.

COMPARTIR: