¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

INSTALACIÓNS

 
 
 


No ano 1979, pouco despois da creación do club, os propios directivos, remeiros e veciños de Cabo de Cruz levantan coas súas propias mans o que sería a actual sede do club de remo. Durante estes case corenta anos fóronse realizando pequenas modificacións para adaptarse aos tempos e necesidades que se ía atopando o club a medida que este crecía. Por exemplo, foi necesaria a ampliación do ximnasio, adecuación dos vestiarios pola chegada ao Club da sección feminina, ampliación da superficie para almacenamento de embarcacións e material deportivo.

O gran crecemento que experimentou o club nos últimos 20 anos obrigou a proporse renovar por completo as instalacións no pasado ano 2021 e buscar a implicación por parte da administración para conseguilas, co obxectivo de seguir crecendo e ofrecerlles tanto a deportistas como a socios e a afeccionados en xeral unhas instalacións dignas nas que poder desenvolver a súa actividade. Á vez que estas instalacións nos permitan realizar novas actividades co obxecto de mellorar a formación tanto deportiva como académica dos deportistas de Base, así como desenvolver diversas actividades para os socios.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar