INSTALACIÓNS

 
 
 

No ano 1979, pouco despois da creación do club, os propios directivos, remeiros e veciños de Cabo de Cruz levantan coas súas propias mans o que sería a actual sede do club de remo. Durante estes case corenta anos fóronse realizando pequenas modificacións para adaptarse aos tempos e necesidades que se ía atopando o club a medida que este crecía. Por exemplo, foi necesaria a ampliación do ximnasio, adecuación dos vestiarios pola chegada ao Club da sección feminina, ampliación da superficie para almacenamento de embarcacións e material deportivo.

O gran crecemento que experimentou o club nos últimos 20 anos obrigou a proporse renovar por completo as instalacións e buscar a implicación por parte da administración para conseguilas, co obxectivo de seguir crecendo e ofrecerlles tanto a deportistas como a socios e a afeccionados en xeral unhas instalacións dignas nas que poder desenvolver a súa actividade. Á vez que estas instalacións permitirán realizar novas actividades co obxecto de mellorar a formación tanto deportiva como académica dos deportistas de Base, así como desenvolver diversas actividades para os socios.

 

 

Tras multitude de xestións e anos de negociacións, no 2019 estas instalacións van ser unha realidade, e por fin o Club de Remo Cabo de Cruz disporá dunha instalacións acorde co traballo que están a realizar.