¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Deportistas de Cabo celebrando os resultados
Deportistas de Cabo celebrando os resultados

Dobre Campionato de España para Cabo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Onte na Pobra do Caramiñal celebrouse o LXXXI Campionato de España de bateis, onde o noso club acadou a vitoria nas categorías Infantil Feminina e Absoluta Masculina, ademais de dúas pratas e dous bronces.

 

Categoría Feminina

As nosas primeiras tripulacións en remar foron as Infantís Femininas, onde estábamos representados pola embarcación do CR. Cabo da Cruz e pola do CN. Boiro. A embarcación de Cabo púxose en cabeza desde o comezo, mentres que a de Náutico, despois dunha saída turbulenta, estaba no pelotón co resto de equipos. Porén, ao chegar a meta, Cabo acado a primeira posición mentres que Náutico rematou terceira, sendo esta a primeira vez que o noso club acada dous metais no campionato estatal na mesma categoría.

Acto seguido saía a nosa embarcación Cadete Feminina, as cales saían en cabeza cunha pequena marxe de dous segundos. Na segunda manobra, esta vantaxe reducíase a un segundo sobre a embarcación de San Juan. As guipuscoanas acadaron finalmente unha apertada vitoria sobre o noso equipo, que entrou 0,27 segundos despois, asegurando a prata estatal.

A última representación feminina do noso club era na categoría Absoluta, onde a nosa embarcación partía polo segundo carreiro. Estas comezaban a primeira ceavoga en cuarta posición, posto que mantiveron ata finalizar a regata.

 

Categoría Masculina

No sector masculino a nosa representación comezaba na categoría Infantil Masculina, onde o noso equipo partía con boas sensacións. Estes, fixeron a manobra en segunda posición, empatados co equipo de La Plancha. Finalmente, a nosa embarcación rematou nun meritorio terceiro posto, asegurando así o bronce.

Seguidamente a nosa embarcación Catede do CN. Boiro saía nunha apertada final. O noso equipo marcou os mesmos tempos que Santurtzi nas ceavogas mais finalmente o noso equipo foi avantaxado por estes, rematando cunha prata nacional.

Por último, na categoría Absoluta o noso equipo partía con moitas opcións para a vitoria. Estes comezaron a regata con tres segundos de vantaxe sobre Zierbena, vantaxe que foron aumentando ate a utlima maniobra. No sprint final os de Bizkaia foron quen de recortar moita distancia, mais o noso equipo rematou levanto a vitoria, sendo a segunda consecutiva.

 

Premio Iberdrola

O noso club foi ademais recoñecido como o Mellor Club Feminino, grazas as resultados de todas as nosas embarcacións femininas, onde estivemos representados en todas (Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta).

COMPARTIR: